Benestar na casa.

Axuda no fogar que dá seguridade e tranquilidade

En M3 Axuda no Fogar levamos dende o ano 2011 ofrecendo atención profesional, próxima e de confianza ás persoas que precisan apoio no seu día a día. O noso obxectivo é mellorar a súa calidade de vida, potenciar a súa autonomía e facilitar que poidan permanecer no seu fogar e contorno habitual.

familias atendidas
+ 0
de satisfacción dos usuarios
0 %
anos de experiencia
+ 0
días ao ano dispoñibles
0
Quen Somos

Cuidamos persoas, acompañamos familias

A entidade Montserrat Mata Vidal, de titularidade privada, está inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Xunta de Galicia co número E-5655.
O programa de Axuda no Fogar “Mª Montserrat Mata Vidal” conta cun equipo multidisciplinar formado por:

  • Responsable legal: Mª Montserrat Mata Vidal, con certificado de profesionalidade en “Auxiliar de Axuda a Domicilio” e dispoñibilidade telefónica 24h para emerxencias.

  • Coordinación técnica: profesionais diplomados en Traballo Social, colexiados/as no Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia.

  • Persoal auxiliar: con formación acreditada (certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria, auxiliar de enfermaría ou xeriatría, etc.) e ampla experiencia no sector sociosanitario.

Axuda con corazón.

Axuda no fogar
OBXETIVOS DO PROGRAMA/ENTIDADE

01.
Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias

Traballamos para que cada persoa usuaria se sinta máis cómoda, segura e atendida, ofrecendo apoio adaptado ás súas necesidades físicas, emocionais e sociais.

02.
Posibilitar a permanecencia no seu contorno de convivencia habitual

O obxectivo é que cada persoa poida seguir vivindo no seu fogar e na súa contorna, mantendo as rutinas e os espazos que lle resultan familiares, evitando cambios bruscos e innecesarios.

03.
Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio

Apoiar sen substituír: ofrecemos axuda para que as persoas poidan seguir tomando decisións, desenvolvendo actividades e mantendo a súa independencia o máximo tempo posible.

04.
Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social

Impulsamos o contacto coas familias, amizades e comunidade, favorecendo a comunicación e o acompañamento para evitar o illamento social.

05.
Previr situacións de dependencia e exclusión social

A nosa atención integral busca frear o deterioro físico e emocional, anticipándonos a situacións de dependencia ou exclusión que poidan xurdir.

06.
Retardar ou evitar a institucionalización

O servizo procura que as persoas poidan continuar no seu fogar, reducindo a necesidade de ingresar en residencias ou centros, sempre que sexa posible e beneficioso para elas.

O teu mellor aliado no fogar

¿Por que escollernos?

Para a atención de persoas en situación de dependencia, maiores, con discapacidade ou problemas de saúde .

Atención próxima, flexible e personalizada.

Coidamos adaptándonos a cada persoa.

Dispoñibilidade 24 horas en caso de urxencia

Sempre dispoñibles cando máis nos necesites.

Equipo con experiencia e formación acreditada

Profesionais de confianza e preparados.

Confianza e tranquilidade para as familias

Apoio que dá seguridade no día a día.

Servizo autorizado pola Xunta de Galicia (RUEPSS E-5655)

Garantía oficial e cumprindo a normativa.